lunes, 8 de diciembre de 2014

PAÍSES EN CONFLITO.

Ola! Nesta entrada imos falar sobre un conflito, nos escollimos o conflito de Israel e Palestina.
Imos falar sobre o tipo de conflito que é e os países que están implicados, as causas, as consecuencias, os organismos de paz implicados, e incluiremos mapas, gráficas e fotografías aparte de por tamén as fontes consultadas.

CONFLITO DE ISRAEL-PALESTINA:

1. Tipo de conflito e países implicados:
  • O conflito israelí-palestino é o conflito social e armado en curso entre israelís e palestinos que se remonta a principios do século XX.
  • Os países implicados son: Israel, Palestina e a franxa de Gaza.
  


2. Causas:

Este conflito non ten unhas causas definidas pero sí hay unhas tres que poden ou puideron ser determinantes:


1. A causa remota da situación ten lugar alá por 1947 cando Nacións Unidas acorda a partición de Palestina, baixo o mandato británico aprobado pola Liga de Nacións, en dous estados, un xudeu e un árabe, e dando lugar á independencia daquel como Israel e á oposición dos pobos árabes.

2. A causa inmediata dos sanguentos episodios de días pasados vén dada polos mísiles enviados por Hamás o día de Nadal a Israel. Pero a causa destes mísiles radica á súa vez no cerco económico que Israel aplica a Palestina.



3. A causa xurídica do conflito radica na debilidade do Dereito Internacional.
En primeiro lugar, porque non se perfilou un paradigma ou modelo xurídico que dea resposta incontrovertida a situacións de coexistencia de culturas e pobos diferentes con reivindicacións lexítimas sobre un mesmo territorio (se lexítimo é que o pobo palestino reclame a terra dos seus pais, lexítimo resulta que o pobo israelita defenda a terra que a comunidade internacional recoñeceu e outorgou como propia).


3. Consecuencias:
As principais consecuencias deriváronse dos danos producidos tanto na Franxa de Gaza como no sur de Israel como consecuencia do incremento das hostilidades durante o conflito; do número e a natureza das vítimas producidas, principalmente no bando palestino; as acusacións por parte de diversas organizacións internacionais contra ambos os dous bandos pola posible comisión de crimes de guerra e uso de armamento prohibido durante a contenda; a situación na que quedaron tanto a Franxa de Gaza coma o sur de Israel tras a ofensiva; a reanudación no ritmo de lanzamento de foguetes dende a franxa costeira cara a territorio israelí e os ataques levados a cabo polo exército hebreo en Gaza tras a retirada completa das tropas israelís o 21 de xaneiro de 2009; e as diferentes consecuencias diplomáticas e políticas que se derivaron do conflito; ademais dos labores de recontrucción de Gaza, dificultadas pola situación política na que se encontra o territorio costeiro tras o conflito.




4. Organismos de paz implicados (ONU, ONG...)

Unión Europea:
O Xefe da diplomacia da Unión Europea Javier Solana expresou a súa preocupación polo ataque sobre Gaza, solicitando un alto o fogo inmediato a ambas as dúas partes.

Organización da Conferencia Islámica:
Nun comunicado feito público o 29 de decembro, o presidente senegalés Abdoulaye Wade, líder da Organización da Conferencia Islámica demandaba "que Israel deteña inmediatamente os bombardeos aéreos e se absteña de realizar outros ataques en territorio palestino".

O Vaticano/Igrexa Católica:
Papa Benedicto XVI dixo durante a primeira misa do ano que "o profundo desexo de vivir en paz sae dos corazóns da gran maioría da poboación israelí e palestina", e manifestou a súa confianza en que "coa sabia e previsora contribución de todos" se darán respostas concretas á aspiración de vivir en paz, seguridade e dignidade.
Aparte, tamén colaboran organismos como Unicef, a UNESCO e a ONU entre moitas outras.

5. Mapas, estadísticas, gráficas...      

 
    
VÍDEO QUE VOS AXUDARÁ A ENTENDER O CONFLITO:




6. FONTES CONSULTADAS:
http://es.wikipedia.org/wiki/Conflicto_israel%C3%AD-palestino
http://www.20minutos.es/noticia/404456/0/mundo/guerras/activas/
http://www.rtve.es/alacarta/audios/paises-en-conflicto/
http://www.elconfidencial.com/mundo/2014-08-03/guerras-conflictos-terrorismo-crisis-politicas-los-70-puntos-calientes-del-planeta_171507/
http://contencioso.es/2009/01/11/conflicto-entre-palestinos-e-israelitas-la-causa-de-la-causa-es-la-causa-del-mal-causado/
http://israelpalestina.wordpress.com/conclusion/