domingo, 9 de noviembre de 2014

POBREZA E DESIGUALDADES SOCIAIS.

DEFINICIÓN DE POBREZA SEGÚN AS NACIÓNS UNIDAS.

Segundo a ONU a pobreza é un problema complexo e multidimensional con orixes tanto no ámbito nacional coma no internacional. Non é posible encontrar unha solución uniforme aplicable a nivel mundial. Máis ben, co fin de achar unha solución para este problema, é fundamental contar con programas de loita contra a pobreza axeitados a cada país, con actividades internacionais que apoien os nacionais, e cun proceso paralelo polo que cre un medio internacional favorable a eses esforzos. En todas as partes seguen revestindo suma importancia a eliminación da pobreza e a fame, o logro dunha maior igualdade na distribución dos ingresos e o desenvolvemento dos recursos humanos. A loita contra a pobreza é unha responsabilidade común a todos os países.
                                    
QUEN É CONSIDERADO POBRE EN ESPAÑA ?

 Pobre é considerado aquela persoa que vive por debaixo do umbral da pobreza e, segundo iso, un 20% dos habitantes en España son pobres. Aínda que hai outras fontes que din que pobre é aquel que non ten nigún tipo de ingreso, o que só sitúa a un 3% dos españois nesa situación.
CANTOS FOGARES SOFREN DE POBREZA EN ESPAÑA ?


España ten 1,5 millóns de fogares nunha situación de exclusión social severa. A cifra é preocupante, a evolución, tanto ou máis: ese millón e medio supón un 69,7% máis de fogares en dificultade que no 2007. A cifra exacta de fogares afectados é de 1.552.000, fronte aos 914.000 de hai sete anos. Segundo este informe, en España hai 11,7 millóns de persoas afectadas por distintas formas de exclusión social, 4,4 millóns máis que no 2007.

DISTRIBUCIÓN DE LA POBREZA EN ESPAÑA:


QUE PROBLEMAS SOCIAIS AFECTAN Á POBOACIÓN QUE SOFRE A POBREZA EN ESPAÑA ?

O principal problema que sofren as persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza é a crise económica que hai en españa dende aproximadamente o 2006 e o rexeitamento social.

QUE IMPACTOS ESTÁ A TER A CRISE ECONÓMICA NO COLECTIVO INFANTIL ?

A crise golpea con forza os máis pequenos. Os datos son alarmantes. Por primeira vez na historia, os nenos convertéronse no colectivo máis afectado pola crise económica en España, segundo un recente informe de Unicef, que pon de manifesto que no noso país viven case 2,2 millóns de nenos en pobreza relativa.
O 17,1% dos menores en España viven por debaixo do albor da pobreza (15.820 euros anuais para unha familia de dous adultos e dous nenos), unha taxa que sitúa o noso país como o cuarto da UE coa proporción máis alta de nenos pobres, por detrás de Romanía, Letonia e Bulgaria.

FONTE:http://www.rtve.es/noticias/20120607/pobreza/532380.shtml


No hay comentarios:

Publicar un comentario