martes, 27 de enero de 2015

CONFLITOS E VANDALISMO: QUE É E CANDO E COMO SE PRODUCE.

Ola! O tema que escollimos foi "conflitos e vandalismo" e nesta primeira entrada imos a introducir

este tema, que se da moito hoxe en día, un pouco. Por eso imos a dicir que é e cando e como se

produce.


CONFLITOS E VANDALISMO:

Que é ?

Conflito: A RAG define conflito como: Situación de grave oposición ou loita entre dúas persoas, grupos, países, exércitos etc.




Vandalismo: Como non atopamos un significado completo na RAG buscamos outro: É un concepto que pode utilizarse para nomear a destrución que parece propia dos antigos vándalos. É unha conduta destrutiva que non respecta a propiedade allea e que adoita expresarse a través da violencia.


Cando se produce ?

No mundo hai moitos tipos de conflitos, nós imos a falar dos máis 

coñecidos e explicar as causas polas que se producen:


  • Conflitos de intereses: Débense á competición entre necesidades non compatibles ou percibidas como tales. Tamén pode ser de tipo psicolóxico e comportan percepcións de desconfianza, xogo sucio, intolerancia, etc.


  • Conflito de valores: Débense aos diferentes criterios de avaliación de ideas, crenzas ou comportamento que se perciben como incompatibles. O conflito estala cando estes valores se intentan impoñer pola forza á outra parte que os percibe como negativos, non importante ou non propios para unha persoa na cal se encontra involucrada en certo problema.



  •  Conflitos de roles: De poder, de autoridade e de acceso aos recursos. Débense a pautas destrutivas de comportamento, de desigualdade do control ou distribución de recursos, de desigualdade de poder e autoridade, de restricións do tempo, etc.
Onde se produce ?

O conflito nace co ser humano e é inevitable na sociedade. O conflito xera cambios, transformacións que axudan ao desenvolvemento e pode ser resolto por medio da mediación, a negociación e a conciliación; e por isto débese aprender a vivir con este, posto que o conflito é fundamental no funcionamento social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario